Emogramas
As coincidencias
son as cóxegas
que nos fai o Universo.
Podes chamarme cruel
pero se alguén ten que perecer
esmagado polas miñas debilidades
prefiro que sexan
esas baleiras amizades
que me abandonaron a elas.
Achégome pasiño a pasiño
bailando de costas
ao precipicio,
facendo caso omiso
dos sinais de perigo
que eu mesmo puxen
no camiño.
Depresión
musa terrible da Desesperación,
eu invócote.
Súcubo do orgasmo sanguiñento,
dame un segundo de esquecemento
a lévate outra libra da miña carne.
Ti amaneciches
unha tarde despois do trebón.
Colliches o meu corpo empapado
e o rabuñaches ate me sacar
este pelexo feito de soidade.
A vida quere que nos rindamos
á morte
e araña coas súas unllas de bruxa
no encerado onde tentamos
escribir o noso tempo.
Deus caga
enriba de nós
as súas aleatorias bostas.
Pero nós resistimos
polo único,
poderoso
e absurdo obxectivo
de levar a contraria.
A indignación
e a frustración
quéimanme nas veas
coma gasolina
con sulfúrico.
Quedei sen a auga que me sostiña
e varado nesta praia
agardo a que o tempo
e a miña propia masa
me afoguen.
Dame tres nomes
Bukbenbau
(ou Bukbenbó),
digo falándolles ás túas tetas
capturadas nun vermello espectacular
e bicadas por un soño.
Benbobuk.
Bukbobén.
Ti preguntas de poesía
namentras cravas en min
a túa alma agachada
por un espello azul.
E eu digo: tic, tac, tac…
Bóbebuk!!
Material girl,
aposto a que pintas moi rica
na pista de baile,
pero a min déixame
deitado no sofá
(R)evolución ou morte
Evoluir para non morrer.
Fuxir da enfermidade
do estancamento.
Desenferruxar
os mecanismos internos do soño.
Marchar. Mudar. Adaptarse.
E sobrevivir.