A (suposta) esquerda
A (suposta) esquerda
e mais a dereita
xogan ao poli bo
e o poli malo.
Cando nos daremos conta
de que estamos nun calabozo?
A (suposta) esquerda
e mais a dereita
xogan ao poli bo
e o poli malo.
Cando nos daremos conta
de que estamos nun calabozo?
Dalle un enterro vikingo
aos anos que vivemos xuntos
e que o lume chegue navegando
a outras terras coa súa cinza
libre
e fértil.
Lenta e inexorable consciencia:
a morte é máis probable cada día que pasa.
(ou “Irak estache moi lonxe”)
Que farías
se che morrera toda esa xente
cada día á porta de casa?
Volverías meter a cabeza
no teu prato de caldo
como fas a cotío
diante do televisor?
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here