Emogramas

8/1/2006

O amor é cuestión

“O amor é cuestión
de oportunidade”

dicía o chinés que fumaba
naquel estraño filme.
“De nada serve
atopar á persoa ideal
demasiado cedo
ou demasiado tarde”

dicía.
Pero eu engado
que de menos aínda serve
atoparse no momento ideal
demasiado lonxe de calquera persoa.

Levaches o teu calado e ledo sorriso

Tema: MMK

Levaches o teu calado e ledo sorriso
a se vender
nunha feira obscena
a cambio dunha coexistencia
de submisión no estómago de Saturno.

De pobre pedra

Tema: PB

De pobre pedra
che estaba feita
esta montaña,
que un ano de vento
levouna toda
feita area
a poboar desertos.

Cóstame xa distinguir

Cóstame xa distinguir
entre a friaxe do corpo
e a soidade da alma.
Non lle atopo diferenza
á chuvia na rúa
e ao silenzo na cama.

Baleirado novamente de ti

Tema: MMK, PB

Baleirado novamente de ti
espertado de súpeto
do soño dunha miragre posible
estoupan coma unha super-nova
a cámara lenta
os queimados fragmentos de min
resucitados demasiado tarde.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here