Tal vez queira recuperar en ti
Tal vez queira recuperar en ti
unha mocidade perdida.
Si: é posible.
Pero tamén che quero dar
todo o que vin gardando
nesta caixa valorecida
que teño no peito.
Algún pequeno tesouro
ten que haber,
recolleito nestes meus anos perdidos,
que che faga alumear
estes incribles ollos teus,
e daquela todo ha ter sentido
e terá pagado a pena
todo canto perdín.
