Quero limpar o medo
Quero limpar o medo
e non podo.
Quero traer de novo
a canda nós
a salvaxe ledicia dun novo sexo.
Pero temos que agardar
a escoitar a gadaña
caer no chan a carón noso.
Quero limpar o medo
e non podo.
Quero traer de novo
a canda nós
a salvaxe ledicia dun novo sexo.
Pero temos que agardar
a escoitar a gadaña
caer no chan a carón noso.
Fíxenche chorar
e ti apertáchesme.
Equivoqueime
e ti loubáchesme.
Aferrei con forza
o teu corazón por min ferido
e procurei ese sorriso desaparecido
debaixo da preocupación
que caera sobre nós
coma unha noite inesperada,
coma unha badalada a morto
no medio dunha festa.
Pode a miña vida
rematar agora
que irei para alá
cun sorriso
feito da lembranza
destes días contigo.
Tal vez queira recuperar en ti
unha mocidade perdida.
Si: é posible.
Pero tamén che quero dar
todo o que vin gardando
nesta caixa valorecida
que teño no peito.
Algún pequeno tesouro
ten que haber,
recolleito nestes meus anos perdidos,
que che faga alumear
estes incribles ollos teus,
e daquela todo ha ter sentido
e terá pagado a pena
todo canto perdín.
Cando non estás
persigo a túa lembranza,
como buscando unha proba
da túa existencia,
da realidade da miragre.
E cando a atrapo
exprímoa cos ollos da mente
ate que sinto de novo
o tacto e morneza da túa pel,
ate que escoito os teus xemidos
e ate que teño de novo na lingua
o sabor das túas pupilas
afogadas na paixón.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here