Téñote que vomitar
Téñote que vomitar,
meu velenoso amor.
Que non quede rastro de ti
no meu organismo:
nin unha expresión,
nin unha forma de falar,
nin un ton de voz,
nin un xeito de rir…
Téñote que vomitar,
meu velenoso amor.
Que non quede rastro de ti
no meu organismo:
nin unha expresión,
nin unha forma de falar,
nin un ton de voz,
nin un xeito de rir…
Pensa en todo o malo,
desagradable, enfermo e suxo
da persoa amada.
En cada cousa imperdoable que fixera,
cada teima sen remedio,
cada desprezo e afrenta súa,
cada esquecemento, cada inxustiza,
cada unha das traizóns
e cada unha das mentiras.
Pensa niso unha vez e outra,
unha vez e outra,
ata que se forme
unha emoción densa e dura;
fai dela un metal irrompible.
Agora dalle forma
a ese material:
trasfórmao no máis resistente e afilado bisturí,
e agárrao forte,
sen medo e con pulso firme.
E talla na base do amor,
secciona, serra, sacha, fende
e separa a súa raíz
do teu corpo.
Pecha os ollos porque ha pingarche de sangue,
esquece o son do tecido
abrindo, separándose, rasgándose, desgarrándose.
E nunca, nunca, nunca,
baixo ningunha circustancia,
lle botes despois alcohol á ferida.
Antes de cerrares
definitivamente a túa porta,
vouche abrir outra
a ver se así se fai corrente
e te trae de volta a min
ou fai que te perda de vista dunha vez.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here