Emogramas

31/1/1999

Ai, maniotas da paixón

Tema: PB

Ai, maniotas da paixón,
lembranzas físicas do seu nome,
¡que doces me sabedes!

5/1/1999

¡Demo, demo!

Tema: PB

¡Demo, demo!
Resplandecente nas fragas da noite,
¿que man ou ollo inmortal
puido idear a túa terrible beleza asimétrica?

Cando a túa hedra

Tema: PB

Cando a túa hedra
vai medrando en torno a min
coas súas febras de par trenzado
respiro cheirume verde
e sei que me vas querendo.

Ay, Reis

Tema: PB

Ay, Reis
que tanto me queréis…
Ay, Reyes
que tanto me queredes…
Traédeme un regalo
de ollos azuis esta noite,
deixádemo entre as sabas
e arderei ledo toda a noite
coma un carbón de azucre.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here