Cando de súpeto
Cando de súpeto
sentín aquela fala belísima,
de rica variedade fonética,
de eses liquidísimas,
enchéronseme os ollos
dunha brétema doce
que mos quería mollar,
coa emoción da chamada
da Terra dos pais,
do Lar sagrado,
tirando por min naquel intre de crise.
