Cando xa pensaba
Cando xa pensaba
que non podía ser máis difícil quererte
vai o teu corazón negro
e bota un bafexo de dor
que me deixa teso.
Cando xa pensaba
que non podía ser máis difícil quererte
vai o teu corazón negro
e bota un bafexo de dor
que me deixa teso.
Cando de súpeto
sentín aquela fala belísima,
de rica variedade fonética,
de eses liquidísimas,
enchéronseme os ollos
dunha brétema doce
que mos quería mollar,
coa emoción da chamada
da Terra dos pais,
do Lar sagrado,
tirando por min naquel intre de crise.
Non te buscaba e mais atopeite, Sarandib.
Agora es ti todo o que procuro
e non te dou encontrado.
Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here