Emogramas

30/11/1998

Agora, por fin

Tema: AH

Agora, por fin,
penso en ti e xa non doe.
Agora que me sinto inteiro outra vez,
como antes de ti,
como daquela contigo,
como pensei que nunca máis me había sentir,
sei que ao final non me perdín:
agora teño a proba de que malia moito queimaches,
mala muller, non me destruiches.

24/11/1998

Cando non te tiña

Tema: PB

Cando non te tiña
        medo de non te atopar.
Canto te teño,
        medo de te perder.
Non me podo desfacer do medo.
O levo pegado á pel
coma unha inmensa carracha invisible.

23/11/1998

Dame tempo, meu Deus

Tema: PB

Dame tempo, meu Deus.
Agora que teño a espada
e a forza,
dame tempo, Señor,
para librar a loita,
a que de certo importa.

17/11/1998

Cada noite verto un pouco de ti nun papel

Tema: PB

Cada noite verto un pouco de ti nun papel:
retórica da lembranza,
síndrome de abstinencia.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here