Emogramas

17/5/1998

Podo falar

Podo falar dunha guerra de dez mil batallas.
Podo falar de noites de luar
que saín armado coas máis certeiras lanzas,
brillante no meu metal noble e consagrado.
Podo falar das mañás que volvín derrotado e sucio.
Podo falar dos aliados que me abandoaron.
Por falar, podo falar das negras feridas,
dos momentos de paz, das risadas no campamento,
do son do aire zoando nas bandeiras,
dos fermosos cantos e os doentes berros.
Podo falar das traizóns e covardías,
das victorias inútiles, do sangue malgastado,
dos camiños trabucados, das misións perdidas.
Percorrín países dos que podo falar,
e tamén crucei ríos e naveguei mares,
subín montañas e baixei por vales.
De todo iso podo falar.
Mais non encontrei quen me escoite.

Comentarios »

A URI ao TrackBack dste poema é: http://emogramas.blogsome.com/1998/05/17/podo-falar/trackback/

Non hai ningún comentario aínda.

RSS dos comentarios deste poema.

Deixa o teu comentario

Saltos de liña automáticos, os e-mails non se amosarán, permete HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Medida anti-robots: por favor escribe o código que che aquí se che amosa.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here