Emogramas

15/11/1997

Castra-pó

¿Quen botou este po
nas nosas augas azuis?
¿Quen lixou este querido mar?
¿Quen sementou esta costra seca
esta poeira castradora
no húmido eido das nosas palabras?
¿Quen impide
que as nosas ideas naveguen ceibes?

3/11/1997

Unha pequena victoria das que deben ser

Unha pequena victoria das que deben ser…
A voz dela dándome as gracias no teléfono…
Un novo cargamento de ilusións…
…e vou sorrindo ó leito en domingo.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here