Emogramas

12/5/1997

Adeus, meu anxo peludo

Adeus, meu anxo peludo.
Teño que dicirche adeus
cen veces
ata me convencer de que xa non estás.
A túa foto dixital
fítame coa ollada dos mortos,
dos que xa non volven.
Rubiches ó tellado,
rabuñaches ata o ceo
e volviches con Deus,
deixándonos amputados de ti.
¿Foron os meus pecados
os que me privaron de ti?
¿Retiroume Deus o regalo que me fixera?
Catro anos e desapareciches,
anxiño de tempo limitado,
coma unha video-girl felina.
E déixasnos sós
e déixaste sen nós,
e agora es unha pantasma,
unha lembranza en 256 grises
que me raña ai alma.
Adeus, anxo, que esteas nalgún ceo.

Comentarios »

A URI ao TrackBack dste poema é: http://emogramas.blogsome.com/1997/05/12/adeus-meu-anxo-peludo/trackback/

Non hai ningún comentario aínda.

RSS dos comentarios deste poema.

Deixa o teu comentario

Saltos de liña automáticos, os e-mails non se amosarán, permete HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Medida anti-robots: por favor escribe o código que che aquí se che amosa.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here