Emogramas

31/12/1996

Si, [T], vas morrer

Tema: T

Si, [T], vas morrer.
Non che gosta escoitalo
pero é algo que non podes evitar
pechando as orellas.
Eu lémbrocho
coa miña mofa existencial
e a ti paréceche macabra:
eu soamente son o vento da verdade
que bate contra as túas ventás renegridas
coa súa canción de lobo
mais non para trae-lo medo
senón para que penses cánto val o que tes,
cánto val a vida
cando sabes que has morrer.

24/12/1996

Vértigo centrífugo

Vértigo centrífugo
que comeza a latexar
no calendario da miña testa.
Sementes espalladas,
camiños de millo polos que fuxir.
Pero ¿non fuxirei
na mala dirección?
¿Que extraños ventos
oubean ó final da estrada?
Teño medo: un medo pequeno
incrustado nun ollo.
Pero teño que emprende-la viaxe.
Máis só ca nunca; máis eu ca nunca.

Rabia que medras dentro de min

Rabia que medras dentro de min:
non sei qué hei facer contigo.
Como non te deixe de alimentar o mundo,
hasme devorar por dentro…
e xa non haberá paredes que te encerren.

Vou camiño de min

Vou camiño de min
correndo con lume no cu.

A ilusión xa non ten tetas

A ilusión xa non ten tetas
e por iso está coxa.

6/12/1996

Interpretar os signos

Interpretar os signos…
Xuntas as pezas…
Despexar a equis…
…Ver alén.
Entender.






















Get free blog up and running in minutes with Blogsome | Theme designs available here